Eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG

8/6/2020

En cumprimento do previsto no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e atendendo á finalización do período de goberno para o que foi elixida no ano 2016, a Xunta Directiva, na súa reunión de 20 de decembro de 2019, decidiu convocar ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DA SECCIÓN DE PSICOLOXÍA XURÍDICA DO COPG.

Debido á declaración de estado de alarma polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e coa reactivación dos prazos administrativos procédese a convocar desde o inicio as devanditas eleccións.

A data da Xornada Electoral será o SÁBADO, 12 DE SETEMBRO DE 2020 e o proceso para a elección dos órganos de goberno citados desenvolverase de acordo co calendario axunto e as normas previstas no Regulamento de Réxime Interior da Sección, no Regulamento Marco das Seccións Profesionais e nos Estatutos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Co obxecto de supervisar o proceso, constitúese a Comisión Electoral que estará formada polo presidente, a secretaria e unha vogal da Comisión de Ética e Deontoloxía.

 Convocatoria de eleccións á Xunta Directiva de Xurídica (ver pdf)

 Calendario electoral  (ver pdf)

Normas de voto (ver pdf)