AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

II Edición do Premio da Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG

31/7/2017

A Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia convoca a segunda edición do "Premio da Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG", de dous recoñecementos para os colexiados e colexiadas que desenvolvan o sue traballo no ámbito da psicoloxía xurídica.

Poderán concorrer todas as persoas físicas, individualmente ou conformando un equipo de traballo ou investigación; ou xurídicas que estean colexiados/as no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e que pertenzan á Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia no momento da convocatoria.

O prazo de presentación vai desde o 31 de xullo ata o 14 de outubro de 2017 ás  14:00 horas.

Bases do premio [ver pdf]
Anexo I [ver pdf]