Obradoiro “Perfil e tratamento de agresores sexuais xuvenís”

24/6/2019

A Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o Obradoiro “Perfil e tratamento de agresores sexuais xuvenís”, que se celebrará o vindeiro sábado 27 de xullo de 2019 no Salón de Actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. 

Este actividade ten como obxectivo, entre outros, analizar a delincuencia sexual xuvenil como realidade específica, o seu desenvolvemento e as súas características diferenciais, avaliar o risco de agresión sexual en poboación xuvenil, coñecer e abordar as distorsións cognitivas predominantes nos agresores sexuais xuvenis. 

O último día de inscrición é o 17 de xullo de 2019.

Tríptico