Servizo de Auditoría Gratuíta de Transformación Dixital para persoas colexiadas do COPG

24/1/2025

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acordou coa empresa UNAYTA unha colaboración no marco do proxecto de xestión documental que estamos a desenvolver.

O sábado 8 de febreiro de 2025, ás 10h, teremos a presentación por parte de Unayta deste servizo de Auditoría Gratuíta de Transformación Dixital para persoas colexiadas do COPG, coa que se pretende ofrecer unha mellora da xestión documental e optimizar os procesos administrativos e organizativos do seu despacho profesional.

Nese encontro explicarase como acceder a este servizo.

Data: Sábado, 8 de febreiro de 2025.

Hora: 10:00 horas

Modalidade:

    • Presencial: Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (Rúa Espiñeira 10, Santiago de Compostela) 
    • Telemática: A través de ZOOM

Podes inscribirte a través deste formulario online: https://forms.gle/oF5VK6FCR4J9zvjf8