Psicólogo/a Sanitario/a online

14/7/2020

Therapy Chat é unha plataforma dedicada á asistencia psicolóxica online que busca psicólogos/as sanitarios/as que colaboren con eles cunha actitude proactiva, competencias técnicas e interpersonais e unha firme adhesión ao Código Deontolóxico que regula a profesión.

Actulamente buscan formar un equipo que se incorpore nos meses de verán pero que siga con eles máis alá de finalizar o verán. Buscan persoas que non se marchen de vacacións, estas sexan moi breves ou que poidan seguir atendendo novos pacientes desde as súas residencias vacacionais.

Os meses de verán soen ser datas moi fortes para a psicoloxía online. Dase prioridade a aqueles con dispoñibilidade de tardes. Realizarase terapia por videochamada con pacientes de todo o mundo.

Requisitos necesarios:
Licenciatura ou grao en psicoloxía
Formación postgrao en orientación cognitivo condutual /terceira xeración ¨/ integradora.
Habilitación para exercer actividades sanitarias.
Experiencia mínima de dous anos no ámbito sanitario.
Desenvolverse ben coas tecnoloxía
Estar dado de alta no réxime de traballador/a autónomo/a.
Ter en regla a colexiación e seguro de responsabilidade civil.

Outros aspectos a valorar: 
Experto en terapia de parella e sexual
Formación en coaching
Formación PIR

Condicións laborais:
Por conta propia
Flexibiliade horaria, de lugar de traballo e número de pacientes

As persoas interesadas deberán inscribirse na oferta a través do enlace https://therapychat.recruitee.com/