3/12/2024
A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en colaboración coa Sección Alternativas para la Resolución de Conflictos do Col·legi Oficial de Psicologia de Catalunya e a División de PTORH do Consejo General de la Psicología organizan o Webinar “A psicoloxía nos conflitos organizacionais: Perspectivas e roles”, que se celebrará o día 20 de xaneiro de 2025 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.
A inscrición é gratuíta e é necesario enviar o boletín cuberto previamente.