Curso “Preparación e facilitación de reunións restaurativas para resolver conflitos”

A Comisión Intersectorial de Mediación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o curso “Preparación e facilitación de reunións restaurativas para resolver conflitos”, que se celebrará o día 11 de maio de 2024 na sede co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en Santiago de Compostela.

O curso pretende dotar aos participantes dos coñecementos teóricos e prácticos necesarios para comprender, aplicar e promover os principios fundamentais da xustiza restaurativa.

21/3/2024

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia condena o asasinato machista cometido en Ribeira

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expresa a súa máis rotunda condena ao asasinato cometido este martes en Ribeira e que se está a investigar como violencia de xénero, ao tempo que desexa trasladar a súa solidariedade e as súas condolencias á familia e ás persoas achegadas da vítima.

20/3/2024

Curso “Aspectos xurídicos e probatorios dos procedementos por Violencia de Xénero”

O Grupo de Traballo de Psicólogos e Psicólogas dos CIM´s da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o curso “Aspectos xurídicos e probatorios dos procedementos por Violencia de Xénero”, que se celebrará os días 5, 11 e 12 de abril de 2024 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.

19/3/2024

Grupo de Traballo de Intervisión da Sección de Psicoloxía e Saúde

A vindeira sesión do Grupo de Traballo de Intervisión celebrarase online o día 9 de abril de 2024 de 9:30 a 11:30 horas.

Para a inscrición é preciso enviar o formulario de inscrición cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o xoves 4 de abril. Se desexas plantexar dúbidas sobre un caso concreto é preciso enviar tamén o formulario de compromiso cuberto.

19/3/2024

Eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG

En cumprimento do previsto no Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e atendendo á finalización do período de goberno para o que foi elixida no ano 2020, a Xunta Directiva, na súa reunión de 9 de marzo de 2024, decidiu convocar ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DA SECCIÓN DE PSICOLOXÍA XURÍDICA DO COPG.

13/3/2024

Curso “O autismo “menos visible”: Detección, avaliación, confusión diagnóstica e abordaxe”

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “O autismo “menos visible”: Detección, avaliación, confusión diagnóstica e abordaxe”, que se celebrará os días 19 e 20 de abril de 2024 en Santiago de Compostela.

11/3/2024

Curso “Psicoterapia en trauma relacional”

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Psicoterapia en trauma relacional”, que se celebrará o día 13 de abril de 2024 en Santiago de Compostela.

O curso ten como obxectivos coñecer e profundar sobre o trauma relacional, as súas manifestacións na poboación infanto xuvenil, coñecer os principais retos que supón a intervención psicoterapéutica nesta situación e profundar nas pautas da intervención psicoterapéutica, dende unha visión sistémica.

29/2/2024

Cambia a normativa sobre o uso da máscara obrigatoria

En relación co uso obrigatorio da máscara, comunicamos que a Xunta de Galicia emitiu este luns, día 29, unha instrución para que o uso xeral da máscara deixe de ser obrigatorio nos centros sanitarios, que se fará efectiva desde hoxe, martes día 30 de xaneiro.

Desde este día só será obrigatoria nos servizos de urxencias, nos PACs e nos servizos nos que haxa pacientes inmunodeprimidos.

Máis información

30/1/2024

Páxinas

Subscribe to