Actualización de axudas pola COVID-19 e plataforma gratuíta de telepsicoloxía

13/7/2020

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia actualizamos a información relativa ás axudas públicas para profesionais autónomos/as para paliar os efectos económicos derivados da COVID-19.

As medidas que comunicamos previamente foron:

- Real Decreto-lei 24/2020, de 26 de xuño, de medidas sociais de reactivación do emprego e protección do traballo autónomo e de competitividade do sector industrial: https://www.boe.es/boe/dias/2020/06/27/pdfs/BOE-A-2020-6838.pdf

- Programa Servizos Seguros https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200625/AnuncioO92-110620-0002_gl.html

Informamos de que ata o 7 de agosto está aberto o prazo para solicitar o "Cheque autónomo seguimos adiante", dirixido a profesionais autónomos/as que non pediron a prestación extraordinaria por cesamento temporal de actividade motivada pola pandemia do COVID-19 e que viron reducida a súa facturación polo menos á metade no 2º trimestre de 2020, en comparación co ano anterior. Estas axudas van destinadas a conceptos como gastos correntes de seguridade motivadas polo COVID-19 entre os que están, entre outros, os gastos en máscaras, luvas, desinfectante, limpeza, anteparos, asesoramento en prevención de riscos laborais, así como gastos de subministracións e de telecomunicacións, entre outros.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200706/AnuncioG0424-260620-0003_gl.html

Por outra banda, lembrámosche que o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a través do Consejo General de la Psicología, ofrece de xeito gratuíto unha plataforma segura para o exercicio da telepsicoloxía, Psypocket, para todos os colexiados e colexiadas. Se desexas acceder tes máis información na nosa web: https://copgalicia.gal/novas/xeral/informacion-sobre-plataforma-informatica-psypocket