Ampliase o prazo de inscrición ao Curso básico “Xénero, perspectiva de xénero e violencia de xénero”

26/8/2019

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso básico “Xénero, perspectiva de xénero e violencia de xénero” os días 6, 7, 14, 27, 2 de setembro; 5 e 19 de outubro e 8 e 9 de novembro de 2019 en Santiago de Compostela. 

Este curso estará dirixido a psicólogas e psicólogos clínicos, xerais sanitarios e habilitados para o exercicio de actividades sanitarias e será de carácter gratuíto. 

O presente curso está organizado de acordo co convenio de colaboración entre a Vicepresidencia da Xunta de Galicia e a Consellería de Sanidade, para dar cumprimento aos obxectivos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. 

Esta formación está encamiñada a facilitar unha formación básica e especializada en xénero, violencia de xénero e perspectiva de xénero, dirixido a profesionais da psicoloxía no ámbito da saúde co obxectivo de facilitar a integración dunha mirada de xénero que nos permita desde a nosa vida e o noso ámbito profesional superar a inequidade (desigualdades innecesarias, evitables e inxustas) e deste modo atender ao carácter ético asociado ca xustiza social e DDHH. 

Ampliase o prazo de inscrición ata o vindeiro 4 de setembro de 2019.

Informamos que non é imprescindible asistir a todos os modulos formativos. Certificaranse a asistencia aos modulos coas horas correspodentes.

Programa