AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Asemblea Xeral de Colexiados e Colexiadas

14/12/2018

O día 11 de decembro celebrouse a sesión ordinaria da Asemblea Xeral de Colexiados e Colexiadas do COPG, que, entre outros asuntos, aprobou os orzamentos para o exercicio de 2019. Na xuntanza presentouse o informe sobre a actividade da Comisión de Ética e Deontoloxía do COPG en 2018.

Nomeouse a Marta Rivas Rodríguez, G-3609 como secretaria, e a Susana Blanco Fernández G-3661, como vogal desta Comisión.

Tamén se aprobou a designación de Antonio González Fernández G-0491 como Valedor dos Colexiados e Colexiadas do COPG.