Audiencia e información pública do Proxecto de Estatutos do COPG

5/12/2019

Na Asemblea Xeral de Colexiados/as do 11 de decembro de 2018 informouse da modificación e actualización dos Estatutos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, debido aos cambios normativos producidos desde a súa aprobación. 

A Xunta de Goberno do COPG, na súa reunión ordinaria do 26 de novembro de 2019, aprobou o Proxecto de Estatutos así como a apertura dun período de audiencia ás persoas colexiadas para que poidan realizar cantas achegas adicionais consideren oportunas, todo isto en cumprimento do artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas en consonancia coa Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. 

Podes acceder ao texto do Proxecto de Estatutos no enlace que aparece ao final da nova e dispós ata o día 7 de xaneiro de 2020 para realizar as alegacións e achegas que consideres de interese, dado que os Estatutos son o marco lexislativo principal do Colexio. 

É importante resaltar que unha vez recibidas as achegas realizadas, modificaranse os Estatutos, os cales deberán ser aprobados en Asemblea Xeral de Colexiados/as e despois deberán ser revisados pola Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, para poderen ser publicados no Diario Oficial de Galicia e que adquiran firmeza.

Proxecto de Estatutos do COPG