Aviso en relación ao Rexistro Estatal de Profesionais Sanitarios

10/6/2021

Nestes días, o Ministerio de Sanidade está enviando unha mensaxe por orreo electrónico aos centros sanitarios desde o enderezo reps@mscbs.es, co asunto "INFORMACIÓN SOBRE EL REGISTRO ESTATAL DE PROFESIONALES SANITARIOS (REPS)". 

Este correo é auténtico e procede do Rexistro Estatal de Profesionais Sanitarios (REPS) e vai dirixido ás persoas titulares de centros sanitarios para que comuniquen os datos dos/as profesionais sanitarios/as que traballan en cada centro. 

Para acceder á web do REPS é imprescindible contar con certificado dixital (máis información).