AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Novas

II Curso de mediación civil e mercantil

20/4/2018

Entre o 15 de setembro e o 1 de decembro de 2018 terá lugar o II Curso de mediación civil e mercantil, organizado pola Comisión Intersectorial de Mediación do COPG, que se celebrará no salón de actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (Rúa Espiñeira, 10 – baixo | 15706 Santiago de Compostela). 

O curso terá un mínimo de 24 asistentes, e daráselle preferencia ás psicólogas e psicólogos colexiados, suspendéndose a súa celebración no caso de non obterse este número de preinscricións. 

Participación da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións na Xornada Técnica do ISSGA

19/4/2018

A Sección de Psicoloxía do Trabnallo e das Organizacións participa na xornada técnica sobre "Idade e diversidade. Impacto na xestión de prevención de riscos laborais", que terá lugar na cidade de A Coruña o vindeiro 27 de abril no marco do convenio de colaboración co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA).

Máis información

Obradoiro "Métodos de xestionar os conflitos en divorcios de alta conflitividade: a coordinación de parentalidade (CP)"

17/4/2018

A Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Obradoiro Métodos de xestionar os conflitos en divorcios de alta conflitividade: A coordinación de parentalidade (CP), que se celebrará o vindeiro 19 de maio de 2018, no salón de actos do COPG.

O último día de inscrición é o 9 de maio de 2018.

Sesión de Traballo sobre Saúde Laboral e Asemblea da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións

16/4/2018

A Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións (PTO), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza a Sesión de Traballo  “A seguridade e saúde laboral desde a Psicoloxía do Traballo”, que terá lugar o vindeiro sábado día 21 de abril, no salón de actos do COPG. O obxectivo desta actividade interna é abrir un debate e facilitar propostas concretas para fortalecer as competencias profesionais das psicólogas e psicólogos do traballo que desexen desenvolver a súa actividade neste ámbito profesional.

Certificado de abono das cotas colexiais para a declaración da renda

13/4/2018

Xa podes solicitar na administración do Colexio o teu certificado de abono das cotas colexiais do ano 2017 para a realización da túa declaración da renda.

Lembra que segundo a normativa, as cotas colexiais son gastos deducibles cando a colexiación teña carácter obrigatorio para o desempeño do traballo, na parte que corresponda ata os fins esenciais destas institucións, e co límite de 500€ anuais.

Curso "Tratamento dos trastornos da conduta alimentaria cronificados"

11/4/2018

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o curso “Tratamento dos trastornos da conduta alimentaria cronificados”, que terá lugar os vindeiros 1 e 2 de xuño de 2018, no salón de actos do Hospital Marítimo de Oza (A Coruña).  Será impartido pola psicóloga clínica Rosa Calvo Sargadoy (M-01644), que exerce no Servizo de Psiquiatría e Psicoloxía Clínica do Hospital Universitario La Paz, e que conta con máis de 30 anos de experiencia en Trastornos da Conduta Alimentaria (TCA).

Nova Edición FOCAD

11/4/2018

O FOCAD é unha formación a distancia elaborada polo Consejo General de la Psicología e a cal poden acceder todos os colexiados e colexiadas de maneira gratuíta.

Co obxectivo de que os novos colexiados e colexiadas poidan acceder ás anteriores edicións do FOCAD, o Consejo General de la Psicología van ofrecer progresivamente os cursos das 35 edicións realizadas ao longo destes 9 anos, revisadas e actualizadas.

Se xa realizaches a primeira edición destes cursos, e o desexas, podes realizar tamén a 2ª edición actualizada.

Proclamación definitiva candidatura Eleccións á Xunta de Goberno do COPG

10/4/2018

A Comisión Electoral do COPG, na súa reunión do 10 de abril de 2018, cumpridos os prazos estipulados para a presentación de reclamacións á proclamación provisional de candidaturas, efectuada pola Comisión o 26 de marzo de 2018, non téndose presentado ningunha,

ACORDA 

1.- Proclamar definitivamente como válida a candidatura presentada para concorrer ás eleccións á Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, e que se relaciona de seguido, dado que reúne todos os requisitos esixidos nos Estatutos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia: 

Páxinas

Subscribe to Novas