AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Certificado de abono das cotas colexiais para a declaración da renda

13/4/2018

Xa podes solicitar na administración do Colexio o teu certificado de abono das cotas colexiais do ano 2017 para a realización da túa declaración da renda.

Lembra que segundo a normativa, as cotas colexiais son gastos deducibles cando a colexiación teña carácter obrigatorio para o desempeño do traballo, na parte que corresponda ata os fins esenciais destas institucións, e co límite de 500€ anuais.

As cantidades contribuídas a estes fins deberán introducirse na cela 14 da declaración como parte do apartado “rendementos do traballo”. No seguinte enlace (https://youtu.be/1LCNj6pY4Gw) podes acceder a un vídeo demostración onde se explica con detalle como introducir as cotas satisfeitas a Colexios Profesionais na Renda Web 2017. 

En caso de que exerzas a actividade por conta propia, será deducible como un gasto máis da actividade para o que podes solicitar as facturas pertinentes.