Certificado de abono das cotas colexiais para a declaración da renda

5/5/2020

Lembra que podes solicitar no e-mail copgalicia@copgalicia.gal  o teu certificado de abono das cotas colexiais do ano 2019 para a realización da túa declaración da renda.

Segundo a normativa, as cotas colexiais son gastos deducibles cando a colexiación teña carácter obrigatorio para o desempeño do traballo como no caso da Psicoloxía, na parte que corresponda ata os fins esenciais destas institucións, e co límite de 500€ anuais.

As cantidades contribuídas a estes fins deberán introducirse na cela 15 da declaración como parte do apartado “rendementos do traballo”. No seguinte enlace podes visualizar un vídeo de axuda da AEAT: https://youtu.be/Kvn7KWBwaGI.

En caso de que exerzas a actividade por conta propia, será deducible como un gasto máis da actividade.