AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Charla "Psicoloxía Perinatal"

9/10/2017

O mércores 25 de outubro de 2017 ás 18 horas acolleremos a Charla "Psicoloxía Perinatal", que se celebrará no Salón de Actos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en Santiago de Compostela.

A conferenciante será Natalia Guedella Sebastián, psicóloga educativa certificada en Saúde Mental Perinatal.

A presentación terá unha duración prevista de 2 horas, tratándose nela os seguintes puntos: 

  • Que é a Psicoloxía Perinatal?
  • Cal é a relevancia do acompañamento e intervención psicolóxica neste período vital?
  • Ámbitos de intervención da Psicoloxía Perinatal: A Psicoloxía Perinatal durante o embarazo, parto e posparto.
  • Importancia da Psicoloxía Perinatal na saúde física e psicoemocional das mulleres, bebés e familias.

 A Psicoloxía Perinatal é unha rama da Psicoloxía que se encarga dos aspectos psico-afectivos que se dan durante o embarazo, parto e posparto. Algúns dos temas que se tratan son os relacionados cos trastornos emocionais durante o embarazo, perdas xestacionais e perinatais, vínculo temperán, violencia obstétrica, depresión posparto, prematuridade, cambios relacionados coa paternidade, lactancia… Aínda que é un período no que por costume, deuse maior importancia aos aspectos físicos que psicoemocionais, vén sendo demostrado desde hai anos por diversos estudos, a importancia deste período na sáude das mulleres, dos bebés e do funcionamento adaptativo dentro do ámbito famiiar.

Esta actividade é gratuíta e está dirixida psicólogos e psicólogas colexiadas do COPG e estudantes de derradeiro curso de Psicoloxía.

Por motivos de limitación no aforo, requírese inscrición antes do 22 de outubro, que deberá enviarse ao correo electrónicocopgalicia@copgalicia.gal  Asignaranse as prazas por estrita orde de recepción e confirmarase admisión ou non admisión por e-mail ao día seguinte de rematar o prazo de inscrición.