Convenio estatal de atención psicolóxica

30/7/2020

Nesta emerxencia sanitaria, o impacto psicolóxico é innegable, para a poboación en xeral, pero tamén para os profesionais da saúde que están vivindo sufrimento emocional a consecuencia da situación do COVID-19.

Por iso, a través do Consejo General de la Psicología mediante un convenio coa Fundación Bancaria la Caixa, o Consejo General de Colegios Oficiales de Médicos, o Consejo General de Enfermería e a  Fundación Galatea, porase en marcha, á volta do verán, un servizo de atención psicolóxica dirixido ao conxunto do Estado. O acceso será gratuíto e telemático a través do teléfono 900 670 777 cun horario de atención de 9 a 22 horas.

Podes ver toda a información nos seguintes enlaces:

Infografía (accede ao enlace)

Información do servizo (accede ao enlace)

Peza informativa (accede ao enlace)

Póster A4 (accede ao enlace)

BOE (accede ao enlace)