AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Convocatoria Asemblea Xeral de Colexiados e Colexiadas do COPG

9/11/2017

Convócase á xuntanza ordinaria da Asemblea Xeral de colexiados e colexiadas do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), que se celebrará de acordo ao seguinte:

Día:

Martes, 12 de decembro de 2017 

Hora:

18:00 h. en primeira convocatoria
18:30 h. en segunda convocatoria 

Lugar:

Sede do COPG en Santiago de Compostela (Rúa Espiñeira, 10-Baixo)

ORDE DO DÍA 

1.   Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral de Colexiados e Colexiadas ordinaria celebrada o 14 de marzo de 2017.
2.   Tesourería:
     2.1. Informe de auditoría do exercicio 2016.
     2.2. Estudo e aprobación, se procede, dos Orzamentos do COPG para o exercicio C2018.
3.   Comisión de Ética e Deontoloxía:
     3.1. Informe sobre a actividade da Comisión de Ética e Deontoloxía do COPG en 2017.
     3.2. Renovación de membros da Comisión de Ética e Deontoloxía do COPG (artigo 46 dos Estatutos do COPG).
4. Informe do Valedor dos colexiados e colexiadas do COPG.
5. Informacións da Xunta de Goberno do COPG.
6. Propostas e suxestións.

O material correspondente ao punto 2.2. da Orde do Día atoparase a disposición dos colexiados e colexiadas que o soliciten no Colexio, a partir do 29 de novembro.

Ao remate da Asemblea Xeral (arredor das 20:00 h.) terá lugar no Colexio o acto de entrega dos premios da X Edición do concurso literario do COPG Rosa de Cen Follas.