AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Convocatoria Asemblea Xeral de colexiados e colexiadas do COPG

8/11/2018

Convócase á xuntanza ordinaria da ASEMBLEA XERAL DE COLEXIADOS E COLEXIADAS DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA (COPG) que se celebrará de acordo ao seguinte:

 Día:

Martes, 11 de decembro de 2018

Hora:

16:30 h. en primeira convocatoria

17:00 h. en segunda convocatoria

 

Lugar:

Abanca Obra Social (Praza de Cervantes, 19. 15704 Santiago de Compostela)

 

 

ORDE DO DÍA 

1.   Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral de Colexiados e Colexiadas ordinaria celebrada o 20 de marzo de 2018.

2.   Tesourería:

     2.1. Informe de auditoría do exercicio 2017.

     2.2. Estudo e aprobación, se procede, dos Orzamentos do COPG para o exercicio      2019.

3.   Comisión de Ética e Deontoloxía:

     3.1. Informe sobre a actividade da Comisión de Ética e Deontoloxía do COPG en 2018.

     3.2. Renovación de membros da Comisión de Ética e Deontoloxía do COPG (Artigo 46      dos Estatutos do COPG).

4. Informe do Valedor dos colexiados e colexiadas do COPG.

5. Renovación do Valedor/a dos Colexiados e Colexiadas do COPG.

6. Outorgamento da distinción como colexiado/a de honra.

7. Informacións da Xunta de Goberno do COPG.

8. Propostas e suxestións.

O material correspondente ao punto 2.2. da Orde do Día atoparase a disposición dos colexiados e colexiadas que o soliciten no Colexio, a partir do 28 de novembro.