Convocatoria Asemblea Xeral de Colexiados e Colexiadas do COPG

11/11/2021

Convocatoria de xuntanza ordinaria da ASEMBLEA XERAL DE COLEXIADOS E COLEXIADAS DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA (COPG) que se celebrará de acordo ao seguinte: 

Día:
Martes, 14 de decembro de 2021 

Hora:
18:00 h. en primeira convocatoria
18:30 h. en segunda convocatoria 

Lugar:
Sede do COPG en Santiago de Compostela (Rúa Espiñeira, 10-Baixo). 

ORDE DO DÍA 

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral de Colexiados e Colexiadas ordinaria celebrada o 30 de marzo de 2021.
2. Tesourería:
  2.1. Informe de auditoría do exercicio 2020.
  2.2. Estudo e aprobación, se procede, dos Orzamentos do COPG para o exercicio 2022.
3. Comisión de Ética e Deontoloxía:
  3.1. Informe sobre a actividade da Comisión de Ética e Deontoloxía do COPG en 2021.
  3.2. Renovación de membros da Comisión de Ética e Deontoloxía do COPG (Artigo 46 dos Estatutos  do COPG).
4. Outorgamento da distinción como colexiado/a de honra.
5. Informacións da Xunta de Goberno do COPG.
6. Propostas e suxestións.  

Cómpre confirmación por motivos de aforo ata o 2 de decembro no enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal 

O material correspondente ao punto 2.2. da Orde do Día atoparase a disposición dos colexiados e colexiadas que o soliciten no Colexio, a partir do 2 de decembro.