Convocatoria do procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e as adiccións

28/10/2020

No DOG do 29 de outubro de 2020 publícase a ORDE do 19 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e as adiccións, orientados a minimizar o impacto que a pandemia pola COVID-19 ten na saúde mental da poboación galega.

 A través desta Orde a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia convoca o procedemento de solicitude de axudas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e as adiccións, orientados a minimizar o impacto que a pandemia pola COVID-19 ten na saúde mental da poboación galega (código de procedemento SA463I).

 O contido dos programas desenvolverase durante os anos 2020 e 2021 e deberá axustarse ás liñas de actuación indicadas no artigo 3 desta Orde, de conformidade coa tipoloxía de cada programa recollido no anexo I.

 Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social, e outras organizacións que se axusten ao establecido no artigo 4 da Orde.

 As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

 O prazo de presentación das solicitudes remata o 30 de novembro de 2020.

Convocatoria (ver pdf)