Curso “Aspectos xurídicos e probatorios dos procedementos por Violencia de Xénero”

19/3/2024

O Grupo de Traballo de Psicólogos e Psicólogas dos CIM´s da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, organiza o curso “Aspectos xurídicos e probatorios dos procedementos por Violencia de Xénero”, que se celebrará os días 5, 11 e 12 de abril de 2024 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG e Zoom.

O curso ten como obxectivos coñecer as bases e características dos procedementos xudiciais de violencia de xénero, realizar unha aproximación aos aspectos e dificultades probatorias de ditos procedementos, estudar o concepto e as características do delito de maltrato psicolóxico habitual, reflexionar sobre a atención de mulleres vítimas de violencia de xénero inmigradas, ampliar o contido xurídico e actuación procesual con perspectiva de xénero e profundar nos informes realizados dende os Centros de Información á Muller.

Podes inscribirte enviado o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 1 de abril, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.