Curso "Dereitos humanos e saúde mental"

24/10/2023
A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Dereitos humanos e saúde mental”, que se celebrará os días 24 e 25 de novembro de 2023 na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
 
O curso pretende acadar unha alfabetización básica nesta materia, que permita os/as profesionais integrar principios e regras de Ordenamento Xurídico na súa labor asistencial diarias, ben de xeito transversal, ben en relación a materias concretas.
Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 14 de novembro, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.