Curso "Introdución á teleasistencia psicolóxica"

14/10/2020

INSCRICIÓN PECHADA. PRAZAS COMPLETAS. 

A Vogalía de Formación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “Introdución á teleasistencia psicolóxica” os días 29 de outubro e 5, 19 e 26 de novembro de 2020 en horario de 19:30 a 21:00 horas.

O curso desenvolverase a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG (www.copgalicia.eu) e ten como obxectivos adquirir coñecementos básicos para a práctica da teleasistencia psicolóxica, familiarizarse co funcionamento e os recursos que ofrecen as plataformas web para o desenvolvemento da terapia online, afondar nas consideracións éticas e legais da práctica profesional telemática e potenciar o desenvolvemento profesional continuo.

O último día de inscrición é o 21 de outubro de 2020.

Programa (ver pdf)
Boletín de inscrición (ver pdf)