Curso “O autismo “menos visible”: Detección, avaliación, confusión diagnóstica e abordaxe”

11/3/2024

A Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza o Curso “O autismo “menos visible”: Detección, avaliación, confusión diagnóstica e abordaxe”, que se celebrará os días 19 e 20 de abril de 2024 en Santiago de Compostela.

O curso ten como obxectivos coñecer e profundar sobre a situación actual das persoas no espectro do autismo de grao 1 que, ata o momento, pasaron máis desapercibidas e contaron con menos apoios, facilitar claves para a avaliación, diagnóstico e diagnóstico diferencial e coñecer cales son os aspectos máis relevantes no acompañamento e apoio, considerando en ambos casos a perspectiva de xénero e prestando unha especial atención á adolescencia da man de dúas referentes neste ámbito nacional.

Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 9 de abril, ou ben realizar a inscrición a través da sede electrónica do COPG.