AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Curso Online "Habilidades de Comunicación en Psicoloxía"

11/7/2017

A Vogalía de Formación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), organizou o curso online “Habilidades de comunicación en Psicoloxía”, que ten como obxectivo proporcionar ferramentas comunicativas de carácter empático dirixidas á mellora da relación de traballo dos e das profesionais da psicoloxía nos seus diferentes ámbitos de actuación.

Ofertáronse 5 edicións das cales se celebraron xa 4. Para esta 5ª e derradeira edición do mesmo, que terá lugar entre o 22 de xullo e o 6 de agosto, ampliamos o prazo de inscrición ata o 18 de xullo.

Ao igual que en anteriores edicións, o curso será impartido por Jorge García Fernández, psicólogo clínico no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), e por Sabela Bermúdez Míguez, psicóloga clínica no Hospital La Magdalena de Castellón.

 

Boletín [ver pdf]