AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Enquisa sobre a situación profesional

9/5/2018

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia precisamos coñecer a realidade dos colexiados e colexiadas que estades a traballar na nosa Comunidade. Queremos recoller unha serie de datos cos que poder identificar a situación e definir con maior precisión o contexto e as demandas do colectivo a nivel xeral.  

Para isto teremos en conta os seguintes puntos: 

– Situación dos profesionais por sexo, idade e ámbito xeográfico.
– Precariedade laboral tendo en conta sectores, idade, ámbito xeográfico...
– Satisfacción profesional: porcentaxe, sectores..
– Instrusismo profesional. 
– Nivel formativo. 

Por iso solicitamos a túa colaboración.  

Por favor, agradecemos que respondas a este cuestionario que permanecerá aberto ata o 24 de maio, incluído. 

Podes acceder ao cuestionario a través deste enlace: https://goo.gl/forms/xIBEnakwEz98RgDJ3 

Grazas pola túa participación.