Espazo de mindfulness e compaixón

4/2/2021

AVISO: INSCRICIÓN PECHADA, TODAS AS PRAZAS ESTÁN CUBERTAS. 

Dentro do novo Espazo de Autocoidado que estamos impulsando desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, lanzamos o Espazo de Mindfulness e Compaixón, un Espazo para a práctica de mindfulness, que consta de oito sesións gratuítas e abertas ao público xeral os sábados entre o 20 de febreiro e o 17 de abril de 2021 (agás o 3 de abril). As sesións desenvolveranse a través de ZOOM. 

Tes máis información no programa e podes inscribirte mediante o formulario dispoñible, que deberás enviar a copgalicia@copgalicia.gal

PROGRAMA [descargar en PDF]