Estudos sobre o impacto do COVID-19

13/4/2020
  • Estudo “Psicoterapia durante o confinamento”

 Solicitude de colaboración nun estudo sobre “Psicoterapia durante o confinamento”, no que participan persoas investigadoras da Universitat Jaume I. Este estudo ten como obxectivo explorar como está impactando o confinamento que están atravesando as e os terapeutas na práctica da psicoterapia, tanto respecto ao uso da tecnoloxía como o impacto na persoa do terapeuta. 

Para participar no estudo, podes cumprimentar a seguinte enquisa (acceder á enquisa)

 

  • Estudo sobre o impacto do COVID-19 sobre o benestar psicolóxico, consumo de drogas e uso de Internet

 Solicitude de colaboración nun estudo no que participan varias persoas investigadoras de diversas universidades, entre as que se atopan a Universidad Internacional de Valencia e a Universidade de Vigo, do cal esperan obter información relevante sobre diversos aspectos de benestar e saúde, consumo de alcohol e outras sustancias, así como uso de Internet, e como estes se ven afectados na situación de confinamento social xerada polo COVID-19.

 Para participar no estudo, podes cumprimentar a seguinte enquisa (acceder á enquisa)