Falamos? Campaña institucional do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

2/5/2019

A partir de maio, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia comeza coa súa primeira campaña publicitaria institucional. Trátase dun investimento importante e é o resultado dun ano de traballo promovido pola Comisión para a Defensa da Profesión e para a Prevención do Intrusismo, no que se tenta reivindicar a profesión, superar as posibles resistencias que aínda existan na sociedade e combater o intrusismo de pseudoterapias que carecen de garantía científica ningunha.

Tratouse de recoller o común denominador da profesión como un recurso para o benestar e a saúde da persoa, informando, desmitificando, normalizando e aproximando a psicoloxía.

Porque falar dos nosos problemas non é tabú; é a vida.

A campaña vai difundirse na Televisión de Galicia, a través de vídeo online e en redes sociais (Facebook, Youtube e Instagram). Deste modo preténdese chegar a unha diversidade de público amplo.

Animamos a que empregues o material que producimos para a campaña, tanto os vídeos como as imaxes nas túas redes sociais (co hashtag #falamos) ou na túa web para incrementar a súa difusión.

Ademais, dispoñemos de carteis da campaña impresos na nosa sede, así que podes recollelos para que os coloques no teu centro de traballo.

Enlace á campaña: [pincha aquí]