"Falamos. Ciclo de Experiencias Compartidas do COPG"

31/3/2021
Desde a Vogalía de Formación presentamos unha nova iniciativa: "Falamos, ciclo de experiencias compartidas do COPG". 
 
Trátase dun espazo para compartir aprendizaxes e experiencias entre os colexiados e colexiadas, un punto de encontro para a profesión. Mediante esta iniciativa, ofreceremos un webinar con carácter mensual no que se poderán presentar programas, estudos, investigacións, publicacións, casos clínicos, comunicacións... 
 
A intención é dar máis visibilidade ao traballo que realizades tantas persoas colexiadas e que o Colexio sirva como plataforma para impulsar e amplificar o labor dos psicólogos e psicólogas en Galicia.

Animámoste a que presentes algunha proposta neste foro que terá lugar o primeiro xoves de cada mes ás 20:00h. 

DESCARGA AS BASES

DESCARGA O FORMULARIO PARA A PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS.