Fallo da XIII Edición da Beca Siota de investigación en Psicoloxía

9/5/2023

O Comité Seleccionador da XIII Edición da Beca Siota de Investigación en Psicoloxía, na súa reunión do 4 de maio de 2023, e unha vez valorados os proxectos presentados, acordou outorgar a beca ao proxecto " Prevención, avaliación e tratamento dos delincuentes sexuais. Un estudo piloto en Galicia para o intercambio de boas prácticas e o desenvolvemento de innovacións na Unión Europea", presentado por María Patricia Navas Sánchez, colexiada G-6777.

Desde o Colexio, agradecemos a participación a todas as persoas que presentaron os seus proxectos nesta edición e non resultaron adxudicatarios da beca.