Formación "Intervención na Emerxencia en Violencia de Xénero"

17/4/2019

No pasado mes de novembro, creouse un novo dispositivo de atención á mulleres e menores e/ou adolescentes vítimas de violencia de xénero, a “Quenda de garda psicolóxica especializada e permanente para mulleres e fillos e fillas menores que sofren violencia de xénero en Galicia”, e ten como obxectivo a intervención psicolóxica especializada de urxencia inmediatamente posterior, a un feito violento e/ou agresión. Serán os corpos e forzas de seguridade, os que a través dunha chamada ao 900400273 (teléfono da muller), activen o servizo, solicitando a presenza dun psicólogo ou psicóloga no escenario onde a muller e/ou os menores/adolescentes se atopen. 

Animámosvos  a que todas as persoas que esteades interesadas podades solicitar o acceso á mesma. No caso de non cumprir os criterios de acceso, podedes solicitar igualmente a entrada para formar parte do listaxe de psicólogos e psicólogas en formación e así poder ir adquirindo ás horas necesarias para poder chegar a formar parte del listaxe de garda. 

Así mesmo, a continuación envíase a información relativa á formación gratuíta prevista para o vindeiro mes de maio dentro de este dispositivo, por se fora do teu interese.

Programa e boletín