Gala da Psicoloxía Galega 2021

30/11/2021

No 2020 vímonos na obriga de aprazar varias actividades programadas polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, debido ás medidas que foi preciso adoptar no marco da pandemia. Unha delas foi a entrega do Premio Dolores Llópiz e tamén a distinción de Colexiado de Honra, así como o recoñecemento aos colexiados e colexiadas que cumprían 25 anos de colexiación. 

Desde a Xunta de Goberno acordamos facer entrega destes recoñecementos o vindeiro 3 de decembro, nunha "Gala da Psicoloxía Galega", na que temos previsto a seguinte programación:

  • Conferencia 40 anos da psicoloxía profesional en Galicia.
  • Entrega do premio Dolores Llópiz “Psicoloxía e Sociedade”.
  • Entrega do recoñecemento do Colexiado de Honra.
  • Recoñecemento o 25 aniversario da colexiación.
  • Benvida a novos e novas colexiadas.
  • Entrega do Premio “Rosa de Cen Follas".

Este acto terá lugar o vindeiro venres 3 de decembro ás 17:00 horas no salón de actos do Centro ABANCA Obra Social (Praza de Cervantes, 19, Santiago de Compostela)

Por motivos de aforo, cómpre comunicar a asistencia no correo copgalicia@copgalicia.gal ata o día 30 de novembro.