AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

III Encontro Luso-Hispano

3/10/2017

O pasado 29 de setembro tivo lugar o "III Encontro Luso-Hispano", organizado pola Ordem do Psicólogos Portugueses e o Consejo General de la Psicología, baixo o título "Aspectos traumáticos en violencia de xénero", que se celebrou en Évora (Portugal).

O obxectivo fundamental deste Encontro foi trasladar aos profesionais e á comunidade as achegas e accións que desde a psicoloxía lusa hispana se veñen aplicando á solución de trastornos depresivos.

Nel abordáronse temas relacionados coa depresión infanto-xuvenil, aspectos traumáticos en violencia de xénero, avaliación da depresión post-parto e aspectos traumáticos en vítimas de terrorismo e a necesidade da intervención psicolóxica en atención primaria.

Dentro do marco deste Encontro fíxose a entrega do II Premio Ibérico da Psicoloxía, que recaeu no portugués Telmo Batista, e en Mª Rosa Álvarez Prada, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.


Momento da entrega do premio á decana do COPG