Información pública Borrador do Regulamento da sede electrónica do COPG

9/3/2021

A Xunta de Goberno do COPG, na súa reunión ordinaria do 23 de febreiro de 2021, aprobou o borrador de Regulamento da Sede electrónica deste Colexio así como a apertura dun período de audiencia ás persoas colexiadas para que poidan realizar cantas achegas adicionais consideren oportunas, todo isto en cumprimento do artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas en consonancia coa Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. 

Podes acceder ao borrador do Regulamento da Sede Electrónica a través do seguinte enlace.

Dispós ata o día 9 de abril de 2021 para realizar as alegacións e achegas que consideres de interese, dado que este Regulamento dará cumprimento ás obrigas que por lei che corresponden sobre o acceso electrónico aos servizos prestados por este Colexio. 

Unha vez recibidas as achegas realizadas, modificaranse o Regulamento, se así procede.