Informacións e actualización das recomendacións do COPG para o exercicio da Psicoloxía

4/5/2020

En relación coas medidas de seguridade e hixiene nos centros de psicoloxía, a raíz da entrada na Fase 0 da desescalada, podes descargar as recomendacións para o exercicio profesional da psicoloxía nesta emerxencia por coronavirus actualizadas de acordo coa publicación da Orde SND/288/2020, do 3 de maio, do Ministerio de Sanidade, que regula a denominada “Fase O da desescalada”.

“Recomendacións do COPG para o exercicio da Psicoloxía durante a emerxencia sanitaria do coronavirus”

Tamén podes consultar as recomendacións emitidas polo Consejo General de la Psicología.

“Recomendaciones del Consejo General de la Psicología para el ejercicio profesional de la Psicología ante la situación creada por el COVID-19”

Como documentación adicional, o Goberno central actualizou o día 30 de abril o documento "Procedimiento de actuación para los servicios de prevención de riesgos laborales frente a la exposición al SARS-CoV-2", que profundiza nas medidas de seguridade, e recomendamos a súa consulta para que coñezas as medidas máis adecuadas en función do teu centro. Tamén tes un interesante resumo de "Buenas prácticas en los centros de trabajo".

Así mesmo, recibimos algunha consulta sobre se o Colexio vai proporcionar equipos de de protección. Xa solicitamos á Xunta de Galicia o subministro de material que anunciou para profesionais por conta propia, pero de momento aínda non puidemos acceder a el. Considerouse facer a compra como Colexio, pero tras avaliar o que está acontecendo no mercado, é un risco altísimo que non podemos asumir, porque non temos provedores de confianza e non podemos arriscar a realizar unha compra de material que resulte defectuoso, ou a prezos desorbitados.

A falta de confianza na situación actual, na que a propia administración dispensou material defectuoso, obríganos a actuar con prudencia e buscar canles seguras. Somos conscientes de que a urxencia é alta, pero lamentablemente, non nos é posible ofrecerche unha información máis concreta neste momento.

Por outra banda, informámos de que a través de Unión Profesional de Galicia, unha asociación que agrupa a 40 colexios profesionais de Galicia do que o COPG forma parte, solicitámoslle á Xunta de Galicia medidas económicas e axudas que alivien a situación dos psicólogos e psicólogas que exercen por conta propia e que se viron moi afectados a consecuencia da diminución ou extinción da actividade profesional.

Lembramos que tes á túa disposición todo o material que o COPG foi editando ao longo desta emerxencia, dirixido a distintos colectivos, e que podes descargar pinchando aquí