AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

IV Congreso Nacional de Psicología

11/3/2019

Do 21 ao 24 de xullo de 2019 na cidade Vitoria – Gasteiz  terá lugar o IV Congreso Nacional de Psicoloxía, que organiza o Consejo General de la Psicología xunto coa Fundación Española para a promoción e o Desenvolvemento Científico e Profesional da Psicoloxía (Psicofundación).

O lema deste congreso é “Nada do psicolóxico nos é alleo”, e o obxectivo fundamental é potenciar a psicoloxía española, tratando, como noutras ocasións, de impulsar unha vinculación cada vez maior entre o profesional e o científico, creando lazos que permitan xerar a transversabilidade de coñecemento entre ambos, pois ciencia e profesión son dúas caras dunha mesma moeda.

O congreso ofrece a posibilidade de presentar propostas para a súa revisión e posible inclusión no programa, como a opción de participar como asistente. 

Toda a información sobre a inscrición, envío de propostas (prazo do envío ata o 29 de marzo) e prezos podes encontrala dispoñible na seguinte páxina web: http://www.cnp2019.es/