IV Foro EMOCIONA

18/9/2017

O vindeiro 18 de novembro de 2017 terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, o Foro EMOCIONA, o IV Foro de Educación Emocional e Social en Galicia.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia é entidade colaboradora, polo que se ofrece para os nosos colexiados e colexiadas un desconto especial.

Este foro está dirixido a profesionais da área da educación, do desenvolvemento das persoas, e da psicoloxía, centrándose nas competencias emocionais e sociais propias e dos demáis.

Para inscribirte co prezo especial con desconto debes empregar este enlace: http://foroemociona.com/inscripcionespecial.html

No momento de cubrir os datos deberás indicar o nome do Colexio para poder obter a promoción e seguir os pasos que che indican.