Lanzamento da sede electrónica

23/11/2021
Nos últimos dous anos o COPG leva traballando nun importante proxecto de dixitalización que vai máis alá de cumprir cunha obriga legal, senón que a intención é facilitar toda a tramitación que realizas como persoa colexiada co COPG, pero tamén coa propia Administración.

vindeiro luns 29 de novembro lanzamos a sede electrónica colexial, a nosa Administración en liña. Unha administración con todas as garantías legais que permitirá realizar multitude de trámites sen ter que desprazarse ao Colexio: altas, baixas, participación en procedementos, solicitudes, etc.

Para coñecer de primeira man a túa nova sede electrónica do Colexio, organizamos un webinar informativo o vindeiro luns 29 ás 19:00h, vía Zoom, ao que te podes inscribir neste enlace https://zoom.us/webinar/register/WN_TdE-cQKyTsS5i-muyBLAcg.

Alí poderase coñecer de primeira man a ferramenta e expoñer as dúbidas sobre o seu funcionamento. 

Así mesmo, desde o luns 29 de novembro tamén estará dispoñible a solicitude de certificados dixitais con atribución profesional, emitidos polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, que está de alta como Autoridade de Rexistro, que será un dos procedementos dispoñibles na web. Este certificado dixital recoñécete como psicólogo colexiado ou colexiada diante de calquera administración pública ou outra entidade, e así poder empregalo en todos os trámites que realice a nivel profesional, desde o seu posto de traballo, sen ter que empregar o seu certificado persoal.