Listaxe de psicólogas e psicólogos para o programa de apoio e asistencia psicolóxica ás vítimas nas Oficinas de Atención á Vítima e ao Cidadán existentes na comunidade autónoma de Galicia

Unpublished

1/10/2017

Informámosvos que a Comisión de Valoración, na súa xuntanza do 29 de setembro de 2017, aprobou a listaxe que figura a continuación, na valoración das solicitudes das persoas participantes no proceso de selección desenvolvido polo COPG para sete prazas de psicólogo/a para o programa de apoio e asistencia psicolóxica nas Oficinas de Atención á Vítima e ao Cidadán existentes nos xulgados das sete cidades, A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Trátase dun proceso extraordinario debido a que o convenio coa Xunta de Galicia é para o ano 2017, e uns prazos maiores imposibilitarían o seu desenvolvemento neste ano. 

A valoración das solicitudes recibidas é a que figura a continuación:

Listaxe de puntuación [ver pdf]

As substitucións faranse por orde de listaxe seguindo os méritos.

Como xa informamos con anterioridade, no caso de renovarse o convenio para o 2018 nas mesmas condicións, a designación será rotatoria cada seis meses entre os/as psicólogos/as que cumpran os requisitos por orde de méritos, e enviarásevos no seu momento máis información ao respecto.           

- O Comité de Valoración estivo composto por representantes das áreas de psicoloxía xurídica, xénero, emerxencias e psicoloxía e saúde. A composición de dito Comité de Valoración é a seguinte: 

José Manuel Oreiro Blanco, secretario do COPG.
Miguel A. Chouza Ponte, tesoureiro do COPG.
Mª Dolores Seijo Martínez, en representación da Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG
Xavier Sardiña Agra, en representación da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG.
Rubén Villar Trenco, en representación da Comisión Intersectorial de Xénero do COPG.
Olegaria Mosqueda Bueno, en representación do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG.

 - Os criterios foron valorados da seguinte forma: 

Formación no ámbito da psicoloxía xurídica, en igualdade, xénero e loita contra a violencia de xénero, e intervención en crise:

 - 2 puntos por cada 10 horas de formación en centros oficiais.

- 1 punto por cada 10 horas de formación en centros privados.

- 4 puntos por cada artigo publicado.

- 1 punto por comunicación en congresos, conferencias, etc. 

Puntuación mínima en cada área: 8 puntos.

Puntuación máxima en cada área: 200 puntos.

Puntuación máxima en formación: 500 puntos. 

O desempeño de actividades de similares características:

 - 5 puntos por mes contratado como psicólogo/a en CIM, Casas de Acollida, Asociacións de atención a Vítimas.

- 3 puntos por mes contratado como psicólogo/a no IMELGA.

- 1 punto por mes contratado como psicólogo/a en gabinetes, Servizos Sociais Municipais, Asociacións, Orientación Escolar, Centros de Atención a Drogodependencias.

- 5 puntos por cada ano de pertenza aos programas do COPG "Abramos o Círculo" e Programa de atención psicolóxica a mulleres que sofren violencia de xénero, e complementariamente para as súas fillas e fillos menores e outras persoas do seu entorno familiar que vivan ou padezan situacións de violencia de xénero (PAPMVX), ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG, ao Rexistro de Mediadores/Mediadoras do Servizo de Mediación do COPG, psicólogos e psicólogas que realizan peritaxes psicolóxicas xudiciais solicitadas ao COPG.