AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Listaxe de psicólogas e psicólogos para un servizo de quenda de garda psicolóxica especializada e permanente para mulleres e fillos e fillas menores que sofren violencia de xénero en Galicia

24/10/2018

Informámosvos que a Comisión de Valoración, na súa xuntanza do 20 de outubro de 2018, aprobou a listaxe coa valoración das solicitudes das persoas aspirantes para o servizo de quenda de garda psicolóxica especializada e permanente para mulleres e fillos e fillas menores que sofren violencia de xénero en Galicia. Como xa informamos con anterioridade, a listaxe está ordenada de acordo co rexistro de entrada da solicitude no Colexio. 

A valoración das solicitudes recibidas é a que figura a continuación:

Listaxe

As solicitudes rexeitadas, dispoñen dun prazo de 10 días desde a comunicación da resolución para subsanar a solicitude.