Máis de 1000 mulleres asasinadas por violencia de xénero en dezaseis anos

2/8/2019

Nestes días, os medios de comunicación informábanos de que nos últimos dezaseis anos máis de mil mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas en España, período desde o cal existe o rexistro.

Unha cifra dunha enorme rotundidade, unha barreira psicolóxica que nos devolve a cara máis violenta da violencia contra a muller. Máis de mil mulleres asasinadas polo feito de ser mulleres é un escenario aterrador en menos de dúas décadas que se foi debuxando co goteo constante de vítima tras vítima, de vidas rotas pola violencia machista.

Pero desde 2003 moitas mulleres quedaron fora das estatísticas. Existen crimes sen resolver, asasinatos nos que había unha relación sentimental, mulleres en situación de prostitución executadas tanto por proxenetas como por clientes, por poñer algúns exemplos. Nos marxes, quedan todas aquelas outras vidas que foron tamén sesgadas pola violencia machista de forma directa ou indirecta.

Cada ano, aproximadamente, unhas 300 persoas son asasinadas en España. De esas, cerca de 60 son mulleres vítimas de violencia de xénero, unha cifra moi significativa. Como conclúe o primeiro informe nacional sobre o homicidio en España publicado polo Ministerio do Interior, arredor de 20% dos homicidios que se comente neste país son por violencia de xénero. Segundo o mesmo informe, na metade dos casos das mulleres asasinadas, o homicida é a súa parella ou exparella. En un país notablemente seguro, este debe ser un motivo de reflexión para toda a sociedade.

É importante coñecer os datos oficiais e as investigacións científicas, pois estes permítennos rebater argumentos falaces que pretenden desfacer o camiño recorrido de sensibilización, intervención e atención á violencia de xénero. Tras estas máis de mil mulleres asasinadas que entendemos como un fracaso colectivo, quedan familias desgarradas, nenas e nenos orfos que resultan vítimas invisibles a quenes, desde a institución, fallamos e seguimos fallando en demasiadas ocasións.