AVISOS

O teu número de colexiación acredítate como profesional diante da sociedade: é o mellor aval para garantir que cumpres coa titulación e cos requisitos legais para exercercomo psicólogo ou psicóloga, sexa cal sexa a túa especialidade ou área de traballo. Faino público nos informes que elabores, no teu espazo de traballo, nas túas comunicacións ...

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ten desde o pasado mes de setembro un novo enderezo de correo electrónico copgalicia@copgalicia.gal. Así integrámonos como dominio .gal, co fin de contribuír a crear unha entidade comunitaria tamén na rede. Lembra que realizamos a meirande parte das nosas comunicacións a través do correo electrónico, así que para garantir que non rematen na carpeta de SPAM, engade o noso enderezo aos teus contactos.

No conxunto do Estado español, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da psicoloxía estar incorporado ao Colexio Profesional correspondente. Todos os psicólogos e psicólogas que exerzan no ámbito público ou privado e baixo calquera fórmula de contratación, teñen esta obriga.

Este requisito recóllese no artigo 3.2  da Lei de Colexios Profesionais despois da reforma operada pola Lei 25/2009 (Lei Ómnibus), que mantén as obrigas vixentes.

Máis dun cento de colexiados e colexiadas empregaron o servizo de préstamo de tests do COPG en 2017

8/2/2018

Un total de 105 colexiadas e colexiados fixeron uso do servizo de empréstito de material de avaliación psicolóxica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en 2017. En total, prestáronse 282 tests ao longo do ano, o que evidencia a demanda que ten este servizo no que estamos a traballar para melloralo ano a ano.

De feito, varios dos tests contan cunha demanda tan elevada que implican períodos de espera prolongados, polo que se van adquirindo varias unidades daqueles que contan con máis solicitudes. Así mesmo, tamén estamos a investir noutras novidades para contar cun fondo o máis completo posible.

Actualmente contamos con 73 probas distintas que podes solicitar a través da páxina web: [accede ao enlace]