Medalla de bronce ao mérito social penitenciario

26/9/2019

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia recolleu o día 20 de setembro a Medalla de Bronce ao Mérito Social Penitenciario, en recoñecemento ao seu compromiso, dedicación e inestimable colaboración coa Institución Penitenciaria na implantación e desenvolvemento de programas no Servizo de Xestión de Penas e Medidas Alternativas do Centro de Inserción Social “Carmela Arias y Díaz de Rábago” da Coruña.