Medidas de prevención para sesións grupais ofrecidas por profesionais da psicoloxía

5/11/2020

Segundo a actual normativa da Xunta de Galicia publicada no Diario Oficial de Galicia nº 223-bis do 04/11/2020, as sesións grupais ofrecidas psicólogos e psicólogas non están suxeitas ás novas medidas específicas de prevención como consecuencia da situación da Covid-19.

Deberán axustarse a un máximo de 6 persoas (incluíndose o/a psicólogo/a) e sen superar en ningún caso o 50% do aforo permitido. Haberá que cumprir ademais coas medidas de seguridade e distancia durante o desenvolvemento da actividade.

Ver DOG nº 223-bis