Mesa redonda “Trauma e saúde mental desde a óptica EMDR”

15/9/2021

O Grupo de Traballo “Trauma e EMDR” da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG organiza a mesa redonda “Trauma e saúde mental desde a óptica EMDR”, que se celebrará o día 22 de outubro de 2021 a través da plataforma de teleformación Moodle do COPG (www.copgalicia.eu) e Zoom. 

A mesa redonda  pretende dar a coñecer a influencia do trauma en saúde mental, así como ofrecer unha visión científica e actualizada da intervención terapéutica con EMDR e algunha vía de aplicación da mesma, no contexto hospitalario. Ademais da presentación do grupo de traballo.

O último día de inscrición é o 15 de outubro de 2021.

AMPLÍASE A 500 PRAZAS DISPOÑIBLES. 

Programa (ver pdf)

Boletín (ver pdf)