Modificación temporal do día de atención telefónica da Asesora Xurídica do COPG

20/5/2019

Informámosche da modificación temporal do día de atención telefónica por parte da asesora xurídica do COPG, pasando a ser os mércores, no mesmo horario (de 17 a 20 horas) ata finais de xuño.

É dicir, que esta semana, a asesora xurídica prestará atención telefónica o mércores 22 de maio.

A partir do mes de xullo continuará sendo os martes no mesmo horario.