Nova sesión de Falamos, ciclo de experiencias compartidas do COPG

23/11/2021

Este xoves 2 de decembro ás 20:00 horas terá lugar unha nova sesión de "Falamos, ciclo experiencias compartidas do COPG", na que podes inscribirte de xeito gratuíto.

Neste webinar presentaranse a evolución do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do COPG, o GIPCE, nestes 25 anos, das actuacións grupais máis significativas, as aprendizaxes recollidas e a dirección futura.

Podes inscribirte directamente en https://zoom.us/webinar/register/WN_hBl7vVgMQ4mFgrSae8Aqhw

Esta sesión forma parte da iniciativa: "Falamos, ciclo de experiencias compartidas do COPG", que organiza a Vogalía de Formación do COPG.

Programa