O vindeiro xoves 2 de xuño de 2022 ás 20:00 horas terá lugar unha nova sesión de "Falamos, ciclo de experiencas compartidas do COPG", na que podes inscribirte de xeito gratuíto.
Trátase da presentación do libro "Ser adolescente. ¿Transición o destino?", que trata da configuración e características das adolescencias contemporáneas.
Será presentado polos seus autores, Ricardo Fandiño Pascual (G-1955), psicólogo clínico e Doutor en Psicoloxía pola Universidade de Vigo e coordinador xeral da Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia (ASEIA); e María Vanessa Rodríguez Pousada (G-5845), psicóloga xeral sanitaria, psicopedagoga e sexóloga cunha longa traxectoria na intervención educativa, terapéutica e institucional con mozos e mozas.
Esta sesión forma parte da iniciativa "Falamos, ciclo de experiencias compartidas do COPG", que organiza a Vogalía de Formación do COPG.
Podes inscribirte directamente no seguinte enlace.
Programa [ver pdf]